hoxe tocan betagarri en pontedeume e eu teño ganas de ler cid cabido ou lois pereiro, pero nesta cidade ou nesta nazón non hai nada para ler en galego, non hai nada para ler en xeral, nin nas bibliotecas nin en ningures.
boto de menos a miña cidade. e as cousas que habitan na miña cidade.
levo tres horas pensando cánto abarca temporalmente un "chámote logo". lembro a borja, río un pouco. cánto é un "logo" un minuto? dous? un mes?
gústame o cid, pero gustábame máis fai catro anos. agora cando penso en galego non sei si penso en galego ou en italiano. e viceversa.
putas linguas romances e putos betagarri. baldin bada.